Cargando resultados...
España derrota O Xapón por 28 a 26 no Mundial de balonmán
Mañá xogan ante Croacia e o domingo, contra O Brasil
G24.gal
09/12/2021 11:57
No mundial de balonmán a selección española non deixa de gañar. España segue o seu pleno de vitorias e está máis preto dos cuartos de final.
Primeiro triunfo nesta segunda fase, cuarto no cómputo global. As xogadoras que dirixe o técnico do Guardés, José Ignacio Prades, viviron o partido máis disputado ata agora, pero acabaron impoñéndose ao Xapón por 28 a 26.
España, coa galega Alicia Fernández, sitúase nunha posición privilexiada para alcanzar os cuartos de final. Mañá xogan ante Croacia e o domingo, contra O Brasil.