Publicador de contidos
Publicador de contidos

España duplicou en agosto a compra de gas ruso e descenderon as importacións dende Alxeria un 34,8 %

España duplicou en agosto a compra de gas ruso e descenderon as importacións dende Alxeria un 34,8 %

Rusia foi a orixe do 11,8 % da subministración de gas natural en agosto e o 10,9 % desde o arranque do ano

Os Estados Unidos mantéñense como o principal provedor de gas

G24.gal 12/09/2022 12:25

España duplicou en agosto as importacións de gas natural ruso ata supoñer o 11,8 % do total e no que vai de ano este incremento sitúase no 23 %, segundo se desprende do Boletín Estatístico de Enagás.

España comprou en agosto 4.505 xigawatts hora de gas natural ruso, fronte aos 2.228 GWh dun ano antes. Pola súa banda, desde xaneiro esta cifra sitúase nos 32.770 GWh, fronte aos 26.668 GWh que se alcanzaban nos oito primeiros meses de 2021. Con todo iso, Rusia foi a orixe do 11,8 % da subministración de gas natural en agosto e o 10,9 % desde o arranque do ano.

Dende Alxeria chegaron 9.127 GWh, cando hai un ano importáronse 13.397 GWh. Os Estados Unidos mantéñense como o principal provedor de gas con 10.074 GWh, o que supón un incremento interanual do 92,22 %.

A nivel xeral, as compras de gas natural por parte de España incrementáronse en agosto un 3,4 % ata os 38.066 GWh mentres que no que vai de 2022 fixérono case un 14 % con 301.498 GWh.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade