Publicador de contidos
Publicador de contidos

España gaña o Mundial xuvenil de baloncesto por segunda vez na historia

España gaña o Mundial xuvenil de baloncesto por segunda vez na historia

O santiagués Víctor Pérez formou parte do corpo técnico que logrou o éxito canda Manolo Aller

G24.gal 02/07/2023 22:12

A xeración do 99 con Gasol, Navarro e compañía xa atopou sucesores. España gañou o Mundial xuvenil de 2023 logo de impoñerse a Francia na prórroga por 73-69. 

Este equipo será lembrado por nomes como Izan Almansa, Rafa Villar ou Jordi Rodríguez, os tres xogadores máis destacados no triunfo ante os franceses. 

Foi logo dun partido moi igualado no que ningún dos dous equipos atopou o xeito de marchar máis aló dos seis puntos. Ao descanso, o resultado era de 28-29 a prol de Francia. Non funcionaban os ataques de ningún dos dous cadros (41-43 ao remate do terceiro cuarto) ata que chegou o período decisivo. 

Apareceron nese intre os xogadores diferenciais para encadear unha serie de canastras, pero a igualdade mantívose e o partido foi á prórroga (63-63). Nese tempo suplementario España estivo máis atinada e levou a vitoria. 

Un dos artífices desde o corpo técnico foi o adestrador santiagués Víctor Pérez, un dos fieis axudantes de Moncho Fernández, que está pendente de renovar no Obradoiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar