Bono faise xigante na quenda de penaltis para tombar a España en oitavos
Bono faise xigante na quenda de penaltis para tombar a España en oitavos
O porteiro do Sevilla parou todos os lanzamentos da selección española desde os once metros
O partido acabou con empate sen goles
O porteiro con mellor porcentaxe de acerto nos penaltis de toda a Liga decidiu a eliminación de España nos oitavos de final. Marrocos clasificouse despois de empatar a cero e de deixar a cero a selección española na quenda de penaltis. Bono parou os lanzamentos de Carlos Soler e Busquets, e o de Sarabia marchou contra o pau.
O partido
España, como era de agardar, monopolizou a posesión desde o primeiro minuto. Marrocos cedeulla sen complexos e agardou a súa oportunidade ao contragolpe. Iso converteu o partido nunha batalla táctica con achegamentos moi escasos. Un tiro de Mazraoui e unha cabezada de Aguerd, o mellor dos africanos. Asensio tivo o gol pero o seu remate foi ao exterior da rede.
😥 ¡Qué pena!
— Gol Mundial (@Gol) December 6, 2022
😓 No vio Asensio a Ferran que llegaba solo por la derecha#GolMundial pic.twitter.com/5Dq5GHtOkV
No segundo tempo aumentou o dominio de España e baixou o número de oportunidades. Marrocos xa non sacaba a cabeza en ataque e limitábase a defender o empate. Luis Enrique buscou alternativas cos trocos, pero Bono foi un espectador máis. Só no treito final, con avisos de Morata, Laporte e Dani Olmo, pareceu que alguén podía evitar a prórroga.
El centro de @daniolmo7 era puro veneno 💥
— Gol Mundial (@Gol) December 6, 2022
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #flybetter#GolMundial pic.twitter.com/pldNxQ7fzs
A prórroga
Comezou fría España no tempo suplementario, pero queceu co paso dos minutos. Contra o final da primeira parte, Unai Simón salvou un man a man con Attiyat Allah nun dos meirandes sustos de todo o partido.
🔙 E̵l̵ ̵p̵i̵e̵ ̵d̵e̵ ̵C̵a̵s̵i̵l̵l̵a̵s
— Gol Mundial (@Gol) December 6, 2022
✅ El pie de Unai#GolMundial pic.twitter.com/v8g7kmonXT
Na segunda parte da prórroga, España insistiu pero faltoulle acerto e sorte para aproveitar algunha ocasión. A máis clara tívoa Sarabia no 123 cun remate que foi contra o pau.
😱 ¡¡La tuvo Sarabia en el último minuto!!
— Gol Mundial (@Gol) December 6, 2022
🔥 ¡El #MAR 🆚 #ESP se decidirá en los penaltis!#GolMundial pic.twitter.com/k8o7WCr9DM