Publicador de contidos
Publicador de contidos

España pasa por riba de Bahrein e encamiña a clasificación olímpica

España pasa por riba de Bahrein e encamiña a clasificación olímpica

O cangués Rodrigo Corrales xogou o primeiro tempo e asinou un gran 45 % de paradas

Impúxose por 39-27 e agora terá que afrontar os compromisos ante Eslovenia e Brasil

G24.gal 14/03/2024 19:41

A selección española de balonmán comezou o preolímpico cunha clara vitoria sobre Bahrein (39-27), o rival máis frouxo dos tres que vai ter para lograr o obxectivo. Rodrigo Corrales volveu á portería da selección e seguiu demostrando as súas calidades baixo os paus. 

O de Cangas xogou todo o primeiro tempo, en que España apañou unha cómoda vantaxe (18-11) e acreditou un 45 % de paradas (9/20). Na segunda, o seleccionador deulle a alternativa a Pérez de Vargas para que os dous porteiros estean preparados para os esixentes partidos de Eslovenia e Brasil en que xogarán conquistar un segundo triunfo que deixe a clasificación olímpica selada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade