Publicador de contidos
Publicador de contidos

España perde contra Alemaña e está obrigada a gañar o derradeiro

España perde contra Alemaña e está obrigada a gañar o derradeiro

Partido moi disputado que levaron os xermanos (31-33) grazas a un grande ataque 

O porteiro dos rivais fixo paradas de moito mérito para neutralizar a ofensiva hispana

Rodrigo Corrales, agardando o tiro dos alemáns. EFE Rodrigo Corrales, agardando o tiro dos alemáns. EFE
G24.gal 02/08/2024 18:24

España está obrigada a gañar contra Croacia. Os hispanos non foron capaces de impoñerse aos alemáns (31-33) e teñen unha soa bala para pasar aos cuartos. Os xermanos moveron o balón con rapidez e mandaron no partido, a excepción de varios treitos nos que España se poñía un arriba.

Rodrigo Corrales foi da partida e alternouse na meta hispana con Pérez de Vargas. O técnico confía nos dous, pero pon a Pérez nos momentos importantes. O galego fixo boas paradas e mantívose firme cando tivo oportunidade.

Con esta derrota, só vale gañar no derradeiro partido contra Croacia para pasar de ronda e seguir soñando coas medallas. Unha soa bala, pero España está demostrando moito carácter nos Xogos Olímpicos e pode conseguir o obxectivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade