Publicador de contidos
Publicador de contidos

España pide ao Consello que comece a negociar a adhesión de Ucraína e Moldova

España pide ao Consello que comece a negociar a adhesión de Ucraína e Moldova

Foi nunha carta subscrita por outros doce países

A comunicación, iniciada pola República Checa, busca acelerar o proceso de adhesión e convocar as conferencias intergobernamentais con ambos os países a finais de mes

G24.gal 07/06/2024 18:31

España sumouse a unha carta subscrita por outros doce países da UE para pedirlle á presidencia belga do Consello que adopte este mesmo xuño os marcos de negociación para a adhesión de Ucraína e Moldova á Unión Europea.

A comunicación, iniciada pola República Checa, busca acelerar o proceso de adhesión e convocar as conferencias intergobernamentais con ambos os países a finais de mes.

O Ministerio de Asuntos Exteriores fixo pública esta postura nun comunicado difundido a través de X, no que mostra o seu apoio a que se establezan xa eses marcos de negociación.

Ademais de España, a carta está subscrita por Alemaña, Chequia, Estonia, Eslovenia, Eslovaquia, Portugal, Suecia, Finlandia, Letonia, Polonia, Irlanda e Romanía, trece dos vinte e sete Estados que conforman a UE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade