Publicador de contidos
Publicador de contidos

España pídelle a Bruxelas que mobilice a reserva agrícola pola seca

España pídelle a Bruxelas que mobilice a reserva agrícola pola seca

O ministro de Agricultura, Luis Planas, asegurou que a seca ten consecuencias directas sobre os pastos para a alimentación animal, as colleitas e o regadío

España, Francia, Italia e Portugal métenlle presión á Comisión para que tome medidas
G24.gal 30/05/2023 12:30

España mételle presión á Comisión Europea para que active a reserva agrícola pola seca. O ministro de Agricultura, Luis Planas, participa hoxe na reunión en Bruxelas cos seus homólogos europeos. 

Canda España, tamén Portugal, Italia e Francia presionan as autoridades comunitarias para que acepten o uso de instrumentos dispoñibles no marco da Política Agraria Común para facer fronte á situación. Planas asegurou que a seca ten consecuencias directas sobre os pastos para a alimentación animal, as colleitas e o regadío. 

Amais da activación da reserva agrícola, o ministro trasládalle ao Executivo comunitario outras demandas como o incremento dos adiantos da PAC e determinadas flexibilidades. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade