España propón oficialmente a Teresa Ribera como candidata a comisaria europea
España propón oficialmente a Teresa Ribera como candidata a comisaria europea
O Executivo español trasladou este mércores a candidatura de Ribera para integrar o colexio de comisarios liderado por Ursula Von der Leyen
O Goberno de España trasladou hoxe oficialmente á Comisión Europea a candidatura da actual vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, como comisaria no novo Executivo de Ursula von der Leyen, informaron a EFE fontes europeas.
O Goberno que dirixe Pedro Sánchez enviou este mércores por carta a candidatura de Ribera, segundo indicaron as fontes.
A actual vicepresidenta terceira e ministra das áreas de Medio e Enerxía, cabeza de lista do PSOE nas pasadas eleccións europeas aínda que non recolleu a acta, era a gran favorita para a candidatura española.
Ribera dixo que é para ela un "orgullo e unha gran honra" que o presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, propuxese o seu nome para ser a representante española no próximo colexio de comisarios.
Teresa Ribera afirmou que é un momento importante para Europa no que "debemos traballar xuntos para facer realidade o soño europeo".
Explicou que o próximo colexio de comisarios que se vai a formar tras a celebración das eleccións europeas este ano "deberá afrontar os grandes desafíos do momento, en liña co que a presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, presentou no Parlamento Europeo a finais de xullo, facendo realidade un continente de progreso, prosperidade e benestar para todos os cidadáns".