Publicador de contidos
Publicador de contidos

España saca unha vantaxe de catro goles sobre Serbia en Lalín (32-28)

España saca unha vantaxe de catro goles sobre Serbia en Lalín (32-28)

O domingo xogarase o partido de volta na fase de clasificación para o Mundial de 2025

G24.gal 08/05/2024 23:05

A selección española de balonmán viaxará a Serbia cunha vantaxe de catro goles conseguida no Lalín Arena. O partido foi moi igualado e duro, na segunda parte España logrou unha pequena diferenza, pero nin moito menos definitiva para afrontar a volta na fase de clasificación para o Mundial de 2025. 

O partido comezou cunha Serbia moi entoada en defensa logrando vantaxes (6-7) que acendían as alarmas. O equipo de Jordi Ribera chegou ao descanso cun gol de marxe (15-14) e coa sensación de ter un rival máis duro do que agardaban. 

Na segunda metade apareceron os irmáns Dujshevaev para que España comezase a abrir unha fenda (22-18, 25-20) que daba algo de aire. Serbia volveu a meterse no partido (26-24), pero no treito final a selección española conseguiu afianzar os catro goles de renda para a volta. 

32 España: Gonzalo Pérez de Vargas, Ángel Fernández (1), Casado (3), Ian Tarrafeta (5), Serdio (1), Garciandia (3) e Aleix Gómez (3,1p) -equipo titular- Rodrigo Corrales (ps), Viran Morros, Gedeón Guardiola (2), Dani Dujshebaev (4), Álex Dujshebaev (6), Maqueda (1), Dani Fernández (3) e Kauldi Odriozola.

28 Serbia: Milosavljev, Milos Kos (5), Kolakovic (2), Pusica, Pechmalbec, Orbovic (4) e Darko Djukic (2) -equipo titular- Cupara (ps), Kukic (2), Vanja Ilic (5,4p), Djekic, Borzas, Jevtic, Kojadinovic (3) e Jovanovic (5,1p).

Marcador cada cinco minutos: 2-1, 5-5, 7-7, 10-10, 13-12, 15-14 (descanso); 18-16, 21- 17, 25-20, 29-26 e 32-28.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos