España tira de épica e métese en semifinais
España tira de épica e métese en semifinais
A selección española remontou ante Exipto (29-28) na prórroga
Os hispanos chegaron a ir perdendo por catro goles de diferenza
España obra o milagre. Exipto foi un rival rocoso e o pase a semifinais púxose moi difícil, pero despois de forzar a prórroga, os hispanos remontaron o partido (29-28). Unha proba moi dura que España superou afinando en ataque na segunda metade, e cun Pérez de Vargas que foi capital.
España comezaba por debaixo, pero logo remontaba. Era un espellismo, e os exipcios, con moito acerto ofensivo e cun gran porteiro, tomaban a dianteira. Chegáronse a poñer catro por enriba en varios treitos do partido, pero os españois puxeron o 25-25 antes da conclusión.
E na prórroga, os hispanos culminaron o gran traballo da segunda metade e certificaron o pase a semifinais. Foi agónico, foi complexo e custou moito, pero logrouse. Rodrigo Corrales non xogou, pero está máis preto de traer outra medalla para Galicia.