Publicador de contidos
Publicador de contidos

España vence a Finlandia (100-90) e xogará a súa undécima semifinal consecutiva

España vence a Finlandia (100-90) e xogará a súa undécima semifinal consecutiva

España perdía 43-52 no descanso e acabou gañando 100-90

Lorenzo Brown, Willy Hernangómez e un impresionante Rudy Fernández lideraron a remonta

 

Foto EFE
G24.gal 13/09/2022 18:53 Última actualización 13/09/2022 19:18

A selección española de baloncesto disputará a súa undécima semifinal consecutiva nun Campionato de Europa, tras imporse este martes por 100-90 á de Finlandia no encontro de cuartos de final do Eurobasket 2022 disputado en Berlín.

Os de Scariolo comezaron ben o encontro, a bo ritmo e con boas porcentaxes de tiro, pero desinfláronse á metade do primeiro cuarto e permitiron aos finlandeses poñerse por diante e abrir unha brecha que chegou a ser de 15 puntos.

Pero na segunda parte, con protagonismo para Lorenzo Brown, Willy Hernangómez e un impresionante Rudy Fernández, déronlle a volta ao marcador e acabaron o partido sen sufrir nos últimos instantes. 

O conxunto español, vixente campión do mundo, medirase o vindeiro venres, 16 de setembro, nas semifinais co gañador do duelo de cuartos que enfrontará esta noite (20:30) a Alemaña con Grecia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar