Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bélxica remóntalle a España nos últimos minutos e gaña o Eurobasket (58-64)

Bélxica remóntalle a España nos últimos minutos e gaña o Eurobasket (58-64)

Actuación destacada de Raquel Carrera, a mellor española na final, con 19 de valoración

G24.gal 25/06/2023 21:35

España quedou ás portas de gañar o seu quinto Eurobasket feminino (58-64). Foi por diante durante 36 minutos, pero Bélxica acabou levando o título. Grande actuación das galegas Raquel Carrera e Paula Ginzo no partido decisivo.

Desde o primeiro minuto España fixo un partido moi serio. Conseguiu parar en defensa o poderío anotador de Bélxica. No primeiro cuarto, a vantaxe era española (17-13), e no segundo cuarto conseguiron ter unha máxima de nove puntos (24-15). Reaccionaron as belgas pero non conseguiron baixar dos sete ao descanso (32-25). 

Volveron os nove de vantaxe no terceiro cuarto (34-25), pero Bélgixa aumentou o nivel defensivo (37-34). Cando España conseguía marchar (48-40) sempre había unha reacción. No último cuarto Bélxica conseguiu poñerse por primeira vez en vantaxe (54-55), a catro minutos para o final. Cada canastra suábase, e Bélxica entrou no último minuto cunha pequena fenda (56-60) que sería definitiva. 

Raquel Carrera foi a xogadora máis empregada por Miguel Méndez (36 minutos, 12 puntos e 7 rebotes) e Paula Ginzo tamén tivo unha actuación destacada (10 puntos en 17 minutos). En Bélxica partidazo de Meesseman (22 puntos) e Linskens (18). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos