Cargando resultados...
O Preolímpico da selección feminina pasa polas semifinais do Eurobasket
O Preolímpico da selección feminina pasa polas semifinais do Eurobasket
As xogadoras do vigués Miguel Méndez enfróntanse a Alemaña nos cuartos de final
G24.gal
21/06/2023 21:21
Este xoves, a selección feminina de baloncesto afronta os cuartos de final do Eurobasket ante Alemaña. As de Miguel Méndez chegan como primeiras de grupo e buscarán unha praza no Preolímpico se acadan as semifinais.
España comezou o torneo perdendo ante Letonia pero despois sumou dúas claras vitorias ante Grecia e Montenegro. Contra Alemaña xogan o pase ás semifinais. Para o seleccionador, o vigués Miguel Méndez, o equipo chega forte física e mentalmente.