Publicador de contidos
Publicador de contidos

España xoga con lume e acaba pasando grazas á remonta alemá

España xoga con lume e acaba pasando grazas á remonta alemá

A derrota contra Xapón (1-2) facía que precisasen, cando menos, un empate de Alemaña contra Costa Rica

Os centroamericanos foron por diante no marcador durante cinco minutos pero acabaron perdendo (4-2)

G24.gal 01/12/2022 21:37

España xogou con lume e acabou salvándose grazas ao triunfo de Alemaña ante Costa Rica. A derrota contra Xapón (1-2) baixounos á segunda posición do grupo, e enfrontaranse a Marrocos nos oitavos de final.

O partido comezou do mellor xeito para a selección española, que demostrou o control habitual que exerce nos partidos. O gol de Morata axudou a ter un dominio total sobre Xapón, que apenas inquietou a porta de Unai Simón. 

O peor dos pesadelos chegou no inicio do segundo tempo. Xapón saíu con moita agresividade e sorprendeu á selección española con dous goles en cinco minutos. Os tantos de Ritsu Doan e Ao Tanaka puxeron o grupo patas para arriba. 

 

Costa Rica tivo a España eliminada durante cinco minutos

Alemaña precisaba unha goleada diante de Costa Rica e comezou acosando e marcando o 1-0. O triunfo de España metíaa como segunda de grupo. A remonta xaponesa cambiouno todo. Os alemáns pasaron a non ter posibilidades e ademais viron como Costa Rica remontaba de xeito sorprendente cos goles de Tejeda e Vargas (1-2, minuto 69). 

Durante cinco minutos España e Alemaña estiveron na rúa. Os xermanos podían deixalo estar, pero o seu orgullo fixo que buscasen a vitoria ata o final. O 2-2 de Havertz no 74 fixo que España respirase e saíse dunha situación agónica. 

Logo chegaron o terceiro e o cuarto goles de Havertz e Fullkrug

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos