Esta noite podería nevar nas zonas altas da montaña de Lugo
Esta noite podería nevar nas zonas altas da montaña de Lugo
Será a primeira nevarada deste inverno en localidades coma A Fonsagrada
O vento azouta con forza na Fonsagrada. Adiántase ao temporal que se agarda para as próximas xornadas e que será máis intenso conforme avance a semana. Polo demais, nada fai pensar que en cuestión de horas poida nevar.
A media mañá o termómetro marcaba 10 graos de temperatura na Fonsagrada. O insólito é que a neve aínda non fixese acto de presenza este inverno.
Saberemos se o dito de que ano de neves ano de bens é certo co paso do tempo. De momento, nada mellor para combater o frío que abrigarse axeitadamente.
Esta noite entra xa aire frío que podería deixar as primeiras neves nas zonas altas. Callará a partir dos 800 metros, e hai avisos por acumulación de máis de 5 centímetros na Montaña.