Publicador de contidos
Publicador de contidos

Este xoves abre o prazo de inscrición nas oposicións de Educación

Este xoves abre o prazo de inscrición nas oposicións de Educación

Das 1.743 prazas que saen a concurso, 1.512 son de novo ingreso

G24.gal 14/02/2024 17:35 Última actualización 14/02/2024 17:58

Este mércores publícase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das oposicións de Educación para 2024.

A partir deste xoves, os interesados deberán presentar as súas solicitudes na sede electrónica da Xunta. Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.  

Deberá procederse tamén ao pago da taxa vixente no momento da presentación electrónica da solicitude.

O prazo está aberto ata o 6 de marzo.  

O persoal interino e substituto que presta servizos na educación pública galega deberá participar no procedemento selectivo, sempre que se convoquen prazas da súa especialidade, para manter os seus dereitos nas listas.  

 As probas desenvolveranse a partir do 22 de xuño en diferentes localidades, que se concretarán nas próximas semanas e que se publicarán no Portal Educativo.

  Os requirimentos de titulación para cada un dos corpos, a documentación necesaria, o baremo e todo o procedemento relativo á presentación de solicitudes e posterior desenvolvemento do proceso pode consultarse na convocatoria.  

Das 1.743 prazas que saen a concurso, un total de 1.512, o 86 %, son de novo ingreso

Delas, 520 son para o corpo de mestres, 875 para o de profesores de educación secundaria, 84 do novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 33 de escolas oficiais de idiomas.    

A maiores, as oposicións permiten ao profesorado avanzar na súa carreira docente.

Desta forma, as 231 prazas restantes son para que funcionarios docentes poidan acceder ao corpo de profesores de educación secundaria (220) ou ao de inspectores de educación (11). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade