Estes son os festivos nacionais e autonómicos do 2024
Estes son os festivos nacionais e autonómicos do 2024
Non haberá moitas pontes, pero si fins de semana longas
Serán festivos en Galicia o venres 17 de maio e o xoves 25 de xullo
O calendario laboral de 2024 recolle un total de 12 días festivos nacionais, 9 celebrados de forma conxunta en toda España, o mesmo número que o ano pasado segundo unha resolución da Dirección Xeral de Traballo publicada este venres no BOE.
No 2024, será día de festa en toda España:
-
luns 1 de xaneiro (Aninovo).
-
sábado 6 de xaneiro (Epifanía do Señor).
-
venres 29 de marzo (Venres Santo).
-
mércores 1 de maio (Festa do Traballo).
-
xoves 15 de agosto (Asunción da Virxe).
-
sábado 12 de outubro (Festa Nacional de España).
-
venres 1 de novembro (Todos os Santos).
-
venres 6 de decembro (Día da Constitución Española).
-
mércores 25 de decembro (Natividade do Señor).
O xoves 28 de marzo (Xoves Santo), será día de descanso en toda España, agás na Comunidade Valenciana e Cataluña.
Festivos en Galicia
Entre as celebracións autonómicas, atópase o venres 17 de maio (Día das Letras Galegas) e o xoves 25 de xullo (Santiago Apóstolo), que será festa en Galicia, así como tamén en Cantabria, Madrid, Navarra e País Vasco. Faltaría sumar a este calendario de festividades locais do 2024, para chegar a contabilizar un total de 16 días de celebración anuais.
Fins de semana longas
Botaranse en falta as pontes, pero será un ano con fins de semana máis longas do habitual. A celebración de varias festas en luns ou venres pegados a sábados e domingos permitirá desfrutar de maior tempo de descanso. Este é o caso do luns 1 de xaneiro, o venres 1 de novembro e o venres 6 de decembro.
Nas autonomías que celebran o Xoves Santo, que son case todas, haberá unha ponte de catro días. Ademais, aqueles traballadores que se poidan permitir coller algún día libre, poderán alongar a fin de semana pola celebración da Asunción da Virxe, o xoves 15 de agosto.