Publicador de contidos
Publicador de contidos

Europa contra A China, o inicio dunha guerra fría comercial; por Venancio Salcines

OPINIÓN

Europa contra A China, o inicio dunha guerra fría comercial; por Venancio Salcines

G24.gal 16/09/2024 08:09

O mundo pasa a falar do cambio climático a principios dos setenta, pero non é ata o acordo de París, hai nove anos, cando o mundo empeza a falar de poñer retos e adopta a meta de que ao longo deste século o quecemento global non pase do 1,5 grados centígrados.

Europa, que leva cen anos sen liderar a economía, entende que detrás deste esforzo temos un novo paradigma económico, con novos investimentos, novo coñecemento, e aposta pola denominada transición ecolóxica. Consegue un consenso político que a leva a intentar poñerse á cabeza do mundo, para iso require primeiro ter recursos estratéxicos, como o cobre ou o litio, segundo ser líder en enerxías renovables, terceiro expulsar o motor de combustión, e para iso debe empezar cunha esixente axenda no sector da automoción. 

A China chega á mesma conclusión cinco anos máis tarde, no 2020. As dúas potencias comparten metas e parecería que Europa, que leva vantaxe, se poñería por diante, pero non ocorre así. Mentres que en Europa a burocracia é asfixiante e todo o demora, na China pasa o contrario e cunha excepción. As axudas ás empresas vense mal en Europa, teñen que ser sempre nun marco de máxima transparencia e buscando unha lóxica que o xustifique. Os chineses non comparten esta visión e pensan que o Estado debe empurrar, que sexan competitivas, globalmente, as súas empresas. Ignoramos o que lle dedican a subvencións e axudas directas, pero algunhas fontes falan dun 5 % do seu PIB. Esa cantidade en España serían 70.000 millóns de euros, todos os fondos Next Generation aplicados a un solo ano, e así todos os anos. Nós, aínda que tivésemos eses cartos, non teriamos capacidade para executalos.

Esa realidade, que non coñeciamos, emerxe polo sector do automóbil. Arranca unha guerra fría comercial, entre unha Europa chea de regras e burocracias, que destaca por lenta, fronte unha China áxil que quere comer o mundo. É evidente que veremos aranceis, pero non sabemos que é o que vai pasar. Monten aquí plantas ou non, o certo é que o sector do automóbil europeo esta a pique de entrar nunha longa crise. Unha de sobreoferta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade