Publicador de contidos
Publicador de contidos

Europa reabre o debate sobre a volta do servizo militar obrigatorio

Europa reabre o debate sobre a volta do servizo militar obrigatorio

En España as Forzas Armadas pasaron a ser profesionais en 2001

G24.gal 07/06/2024 14:25

"Señoras e señores, a mili rematou". Con estas palabras do ministro de Defensa, Federico Trillo, en 2001, o servizo militar deixaba de ser obrigatorio para transformar as Forzas Armadas nun exército profesional.

Atrás quedaban as polémicas sobre a obxección de conciencia ou as continúas prórrogas que moitos mozos tiñan que solicitar para completar os estudos.

España aínda vive allea ao debate sobre a posibilidade de reinstaurar un servizo militar obrigatorio como xa sucede en países como Alemaña ou o Reino Unido.

As Forzas Armadas dispoñen de preto de 130.000 efectivos entre terra, mar e aire, e contan ademais cuns 4.000 reservistas que se poderían recrutar en caso de ser necesarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos