Evenepoel dá un golpe de autoridade na penúltima etapa de montaña
Evenepoel dá un golpe de autoridade na penúltima etapa de montaña
Gaña na subida ao Piornal e xa lle saca 2:07 a Enric Mas
O ciclista do Movistar atacou durante a ascensión
Jay Vine abandona a Vuelta logo dunha caída
Remco Evenepoel ratificou a súa condición de líder na penúltima etapa de montaña da Vuelta a España. O ciclista belga deu un golpe de autoridade na subida ao Piornal, porto de primeira categoría en que terminaba a etapa.
Era unha das últimas oportunidades para poñer en problemas o xersei vermello, e Evenepoel superouna con nota.
O día empezou con susto, unha caída masiva en que se viron implicados Carlos Rodriguez, cuarto na xeral, e o líder da montaña Jay Vine, que tivo que abandonar a carreira.
A última ascensión converteuse nun man a man entre os dous primeiros da clasificación. Evenepoel deu unha nova mostra de forza. Saltou a todos os ataques que lanzou Enric Mas e mesmo contraatacou. Evenepoel volveu demostrar ser o máis forte, gañou a etapa e sacoulle dous segundos na liña de meta a Mas, que agora está a 2:07.