Evitar o mar Vermello encarece o transporte e atrasa a subministración
Evitar o mar Vermello encarece o transporte e atrasa a subministración
As empresas españolas que dependen do transporte de mercadorías por mar afrontan xa un encarecemento deste servizo
As grandes navieiras internacionais teñen que evitar a ruta polo mar Vermello ante os ataques dos hutís
Evitar o mar Vermello supón non poder utilizar a ruta máis rápida entre Europa e Asia polo canal de Suez. As grandes navieiras optan por bordear Suráfrica polo cabo de Boa Esperanza, o que se traduce nun importante aumento dos custos.
Non é a única consecuencia, evitar esta ruta aumenta o tempo da viaxe ata en tres semanas, polo que as empresas comezan a sufrir atrasos nas subministracións.
Polo canal de Suez circula un 30 por cento das mercadorías a nivel mundial que chegan aos diferentes portos europeos. Polo momento nos portos galegos o trafico de contedores funciona con normalidade, aínda que se prevén consecuencias.
Nas últimas semanas as principais navieiras do mundo, Msc e Maersk, sufriron ataques nos seus buques por parte dos hutís. Ante a situación de inseguridade na zona, o transporte marítimo está practicamente suspendido.