Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liberada unha persoa en Ponteareas tras unha colisión entre dúas furgonetas

Liberada unha persoa en Ponteareas tras unha colisión entre dúas furgonetas

Esta persoa tivo que ser evacuada en helicóptero tras chocar frontalmente a súa furgoneta con outro vehículo de transporte

O accidente produciuse no quilómetro 3 da PO-254, na parroquia de Prado

G24.gal 26/01/2024 16:49

Esta tarde produciuse un accidente entre dúas furgonetas en Ponteareas (Pontevedra), no que unha persoa tivo que ser liberada e evacuada en helicóptero. O sinistro produciuse no quilómetro 3 da PO-254, na parroquia de Prado, uns minutos antes das 13:00 horas, segundo informa o 112 Galicia.

Tras recibir aviso do choque e de que unha persoa necesitaba ser liberada do vehículo, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES-SPEIS de Ponteareas, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.

Os profesionais sanitarios mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, no que foi trasladada a vítima ao centro hospitalario de referencia unha vez que os efectivos do GES-SPEIS de Ponteareas lograron liberala. Os servizos de emerxencias procederon á limpeza da vía para restablecer as condicións seguras de circulación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade