Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello de Ponteareas pide colaboración cidadá para frear a vaga de roubos de cable público

O Concello de Ponteareas pide colaboración cidadá para frear a vaga de roubos de cable público

O autor ou autores destes feitos xa roubaron máis de dous quilómetros de cobre do cable da iluminación pública

Varias parroquias víronse afectadas polos cortes de luz o que está xerando moita inseguridade nas parroquias do rural

G24.gal 04/11/2024 14:21

Os electricistas do concello de Ponteareas non dan abasto. Despois de varios días, volven por segunda vez a parroquia de Prado para solucionar a avaría nestes postes da luz onde unha ou varias persoas romperos o cableado público.

"Este non o levaron porque non é cobre, é aluminio".

Son algunhas das solucións que está a pór en marcha o Concello. Repoñer as zonas afectadas polo roubo con outro material como é o aluminio. Con todo, os ladróns levan días causando estragos en varias parroquias deste municipio. Patricia Fernández é a Oficial da Policía Local de Ponteareas.

"Á parte son zonas escuras coma esta de Padro, no rural de Ponteareas, e os veciños senten inseguridade e isto pode provocar outro tipo de roubos e delitos".

As perdas xa superan os 2.000 metros do cable roubado. E esta cifra podería seguir aumentando. Por iso, o Concello pide a colaboración cidadá para dar co autor ou autores destes feitos tal e como nos relata Patricia Fernández.

"Nós pedimos que se ven algunha persoa que está manipulando o cable público, dá igual que sexan traballadores do concello coma que non, que nos avisen a través do 092 a Policía Local ou ben a Garda Civil no 062".

Hai unha investigación en marcha. Os danos son cuantiosos, tamén a nivel económico e alertan que tanto os autores destes feitos como os que mercan este cobre roubado, están incorrendo nun delito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade