Éxito da nova edición da Feira de Antigüidades de Sarria
Éxito da nova edición da Feira de Antigüidades de Sarria
A feira acadou este ano a edición número 26
Sarria segue sendo un referente no sector das antigüidades non só en Galicia, senón tamén en toda España. A vila celebrou estes días a feira de antigüidades número 26.
Pezas vintage, obxectos cotiáns que nos regresan mentalmente á infancia. Moito mobiliario do século pasado que cobra unha segunda vida. Perfecto para unha casa rehabilitada. Pero tamén moi buscadas polos decoradores para dar forza e contraste cun obxecto antigo aos seus proxectos. A xente en xeral perdeu o medo a mesturar o antigo e o moderno nas súas casas.
A tendencia minimalista queda atrás e regresa o gusto por utilizar e vivir entre pezas con historia.
Á venda moito material para coleccionistas. Tamén produtos gastronómicos. Para facer da feira un produto aínda máis redondo, hai exposición de vehículos clásicos e outra de bonsais.