Sarria celebra a súa XXVII Feira de Antigüidades e Restauración
Sarria celebra a súa XXVII Feira de Antigüidades e Restauración
Vinte expositores ofrecen pezas únicas rescatadas do paso do tempo
Sarria acolle esta fin de semana a vixésimo sétima edición da súa Feira de Antigüidades e Restauración. Son 27 anos saíndo á rúa con antigüidades, pero, en realidade, o interese da vida polas pezas antigas aséntase nunha tradición previa ben documentada.
A feira distribúese en 21 postos situadas na rúa do porvir, coñecida popularmente como rúa das Anticuarias, xa que aquí expoñen e venden as anticuarias da vila. Para a feira desta fin de semana en total xúntanse unha vintena de anticuarios.
Mobles, artigos de decoración ou utensilios ofrécense como pequenos tesouros rescatados do paso do tempo e que conseguen atraer cada ano milleiros de visitantes. A feira permanecerá aberta ata o domingo ás oito da tarde.