Publicador de contidos
Publicador de contidos

Expectación na Gudiña pola chegada do AVE á vila

Expectación na Gudiña pola chegada do AVE á vila

Máis de medio cento de veciños asistiron desde o exterior da estación á chegada do primeiro AVE

A comitiva presidida polo rei Filipe VI inaugurou a estación da Gudiña Porta de Galicia

Un acontecemento histórico que captaron cos móbiles 

Os veciños da Gudiña non quixeron perder o momento histórico da chegada do AVE a Galicia
G24.gal 20/12/2021 14:14

A primeira parada desta viaxe inugural do AVE, que forma xa parte da historia, estivo nun concello de apenas 1.300 habitantes que desde hoxe é a porta de Galicia aos trens de alta velocidade. 

Había expectación no concello ourensán da Gudiña por ver chegar ese primeiro AVE a Galicia e nas aforas da estación concentráronse numerosos veciños que non quixeron perder este momento histórico. 

A comitiva presidida polo rei de España Filipe VI, o presidente do Goberno, Pedro sánchez, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo xunto a numerosas autoridades, fixo unha breve parada na Gudiña para inaugurar a nova estación Porta de Galicia, o primeiro punto de entrada da alta velocidade no páis.  

Captando a imaxe histórica cos seus móbiles, e con ilusión, máis de medio cento de veciños da Gudiña e dos arredores desafiaron o frío para ver chegar o primeiro AVE que entra a Galicia pola súa nova estación. 

"É un día moi importante para A Gudiña, despois de moitos anos que haxa aquí unha estación do AVE nun núcleo de poboación tan pequeniño e que previsiblemente vai ter tanta afluencia de xente, é moi importante e positivo para nós. Viñemos ver para estar neste momento único e histórico". 

Había ganas e moita expectación por ver o AVE, pero tamén por ver se albiscaban o rei de España na Gudiña na súa breve parada para inaugurar esta estación Porta de Galicia. 

"Viñemos de Verín con moita ilusión para ver o rei".

"Non viños nada, calquera o coñece desde aquí". 

Despois de 20 anos de obras desde a primeira pedra e con moitos atrasos o AVE xa é unha realidade e mañá comezan as viaxes comerciais a Madrid. Na vila lamentan que finalmente o AVE non para A Gudiña. 

"Sempre pensamos que paraba aquí e agora dinnos que nada, así que seguiremos no Alvia", di unha veciña.

"Dúas horas a Madrid é boísimo", afirma outro veciño. 

Un acontecemento histórico a chegada da alta velocidade a Galicia e desde A Gudiña haberá catro Alvias diarios por sentido nunha viaxe de dúas horas e cinco minutos ata Madrid. 

O AVE fixo unha breve parada da estación Porta de Galicia da Gudiña.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade