Publicador de contidos
Publicador de contidos

Expertos alertan do aumento do consumo de ansiolíticos entre os adolescentes

Expertos alertan do aumento do consumo de ansiolíticos entre os adolescentes

Son medicamentos que precisan receita médica pero que moitos compran no mercado negro.

G24.gal 13/02/2023 21:39

Segundo os datos da enquisa do Plan Nacional sobre Drogas, realizada a case 1.250 mozas e mozos en Galicia, constátase entre eles o aumento do consumo de substancias tranquilizantes legais. Catro de cada dez admitiron consumir ansiolíticos no último mes. Son fármacos que se atopan nas farmacias só con receita médica.

Un remedio para estados de ansiedade ou euforia que atopan tamén no mercado negro, porque hai quen fai negocio con eles. O valor multiplícase ao vender cada pílula polo prezo dunha caixa enteira. O problema está en que é moi difícil, din os expertos, controlar o destino de todos os fármacos que saen da botica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos