Publicador de contidos
Publicador de contidos

Extirpan por vez primeira en España un tumor cardíaco a un bebé prematuro

Extirpan por vez primeira en España un tumor cardíaco a un bebé prematuro

Provocaron o nacemento da nena ás 28 semanas de xestación para ser tratada

A nena podía morrer nada máis cortar o cordón umbilical, polo que primeiro tiveron que estabilizala

O equipo médico que levou a cabo a intervención é do hospital valenciano La Fe

G24.gal 25/03/2024 20:52 Última actualización 25/03/2024 21:07

Nunca antes se realizara en España unha operación deste tipo a un bebé tan pequeno. 
Na semana 24 de xestación, aos cinco meses e medio de embarazo, diagnosticáronlle un teratoma pericárdico, un tumor cardíaco pouco frecuente que se comportou de maneira agresiva.

"O tumor seguiu medrando, e con 28 semanas de idade xestacional decidiuse rematar a xestación para continuar o tratamento", di Raquel Escrig, do Servizo de Neonatoloxía do hospital La Fe.

Naceu mediante cesárea e pesou 900 gramos. O tipo de tumor aínda complicaba máis a situación. A nena podía morrer nada máis cortar o cordón umbilical. 

"Tras a cesárea, o bebé mantívose conectado á nai mediante a circulación útero-placentaria, e iso permitiu mantela estable ata que empezou a intervención, que foi inmediata tras o nacemento", explica Sonia Garcés, do Servizo de Anestesioloxía dde reanimación do hospital La Fe.

Para a intervención, foi preciso artellar un operativo de máis de 30 profesionais e horas de ensaio clínico. Dous meses despois, a nena foi sometida a unha nova intervención. Tras dous ciclos de quimioterapia, está libre da enfermidade. Todo un fito, apuntan desde o hospital valenciano, porque na literatura científica hai moi poucos casos de nenos que con tan pouco peso sobreviviran sen secuelas a este tipo de tumores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade