Publicador de contidos
Publicador de contidos

Facenda controlará as vendas en plataformas como Vinted ou Wallapop

Facenda controlará as vendas en plataformas como Vinted ou Wallapop

Porán a lupa nos vendedores que fagan máis de 30 transaccións ou ingresen máis de 2.000 euros por ano

As plataformas terán que compartir co fisco os datos dos usuarios que cumpran os requisitos

G24.gal 29/12/2023 15:06

Vinted, Wallapop, Ebay..., cada vez son máis os portais de compravenda de produtos de segunda man. Un mercado en auxe que Facenda vai empezar a controlar, pero só en dous supostos: que o usuario faga máis de 30 transaccións anuais ou ingrese máis de 2.000 euros nun mesmo exercicio fiscal.

As plataformas dixitais estarán obrigadas a recompilar e compartir co fisco os datos daqueles vendedores que superen os limiares establecidos. A idea desta directiva europea, DAC7, é gañar transparencia e aumentar o control dun mercado emerxente.

"É un requisito informativo para a administración. Que farán despois con eses datos? Pois seguramente intentar recadar. Cando sae unha directiva concreta centrándose neses sectores en concreto é porque saben que se lles está escapando algo por aí, ou o presupoñen", explica o economista Pablo Arufe.

Facenda tamén porá a lupa sobre a prestación de servizos ou o alugueiro de inmobles ou transportes en plataformas como Twitch ou Airbnb. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade