Publicador de contidos
Publicador de contidos

Facenda, obrigada a devolver 4.000 euros aos xubilados

Facenda, obrigada a devolver 4.000 euros aos xubilados

Os beneficiarios desta devolución son os xubilados aos que entre 1967 e 1978 se lles cobrou de máis no IRPF

G24.gal 15/12/2023 20:26

Facenda terá que devolver entre 3.000 e 4.000 euros aos xubilados que pagaron máis impostos dos que deberían durante a súa vida laboral. Os beneficiarios desta devolución son os xubilados aos que entre 1967 e 1978 se lles cobrou de máis no IRPF.

Durante once anos os traballadores tributaron polo cen por cento da pensión de xubilación cando debían facelo polo 75. Os afectados son os xubilados das mutualidades do comercio, construción e metalurxia.

Agora poden recibir a súa compensación grazas a unha sentenza do Tribunal Supremo que ditaminou que se produciu un erro. A Axencia Tributaria xa comezou a recibir un aluvión de reclamacións, aínda que os afectados só poderán reclamar polos últimos catro anos.

No caso de falecemento, os herdeiros poderán reclamar a devolución sempre que non pasaran máis de catro anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade