Falamos da situación do Lugo con Iago Díaz antes do derbi dos Ancares
Falamos da situación do Lugo con Iago Díaz antes do derbi dos Ancares
Exxogador do Lugo e da Ponferradina, Iago Díaz está agora no Recreativo
Moi pendente do que suceda no Anxo Carro, e a máis de novecentos quilómetros de distancia, vai estar Iago Díaz, ex-xogador do Lugo e da Ponferradina, agora no Recreativo de Huelva. O canteirán lucense apunta as chaves que, segundo el, levaron os dous equipos a actual situación: "O Lugo tiven a oportunidade de velo máis que a Ponferradina porque sempre que podo vexo os partidos e, o final, é complicado verse nesa situación, verse aí no fondo da táboa cando igual non se agarda, o Lugo tamén tivo lesións de xogadores en tramos importantes da temporada que nun equipo como o do Lugo lle fixeron bastante dano. A Ponferradina vina menos, creo que era un proxecto para estar bastante máis arriba".
Protagonista en cinco destes partidos de rivalidade, nos que incluso chegou a marcarlles un gol aos bercianos hai nove temporadas, Iago ten claro cal e o seu favorito: "Creo que neste tipo de encontros, tan o final da temporada e na situación na que están estes equipos creo que non hai un favorito claro. Igual o Lugo porque xoga na casa e por necesidade é un pouco máis favorito".
O que si está asegurado é un ambiente semellante o dos dous últimos encontros en Lugo, arredor dos cinco mil afeccionados.