Falece a actriz Olivia Newton-John aos 73 anos
Falece a actriz Olivia Newton-John aos 73 anos
A protagonista de 'Grease' tiña cancro
A actriz e cantante Olivia Newton-John morreu este luns aos 73 anos na súa casa do sur de California, segundo informou o seu marido, John Easterling, nas súas redes sociais.
"Olivia foi un símbolo para o triunfo e a esperanza durante máis de 30 anos, nos que compartiu a súa experiencia co cancro de mama", indicou o esposo, que pediu que "en lugar de flores" os interesados envíen doazóns á Fundación Olivia Newton-John, dedicada á investigación da medicina vexetal e o cancro.
Aínda que Newton-John (Reino Unido, 1948) desenvolveu a súa carreira no mundo do espectáculo como cantante, con éxitos como If Not for You, Let Me Be There e Have You Never Been Mellow, o seu nome quedou inmortalizado en Hollywood ao protagonizar xunto a John Travolta o musical Grease.