Cargando resultados...
Falece Akira Toriyama, creador de 'Dragon Ball'
Falece Akira Toriyama, creador de 'Dragon Ball'
As súa obra máis popular chegou en masa a Galicia, na súa versión audiovisual, en 1990, da man desta canle, a Galega, e marcou moitas xeracións
G24.gal
08/03/2024 09:04
Última actualización 08/03/2024 11:33
O debuxante xaponés de manga Akira Toriyama, autor da serie 'Dragon Ball', faleceu aos 68 anos por mor dun derrame cerebral agudo, anunciou este venres o seu estudo Bird Studio nun comunicado a través de redes sociais.
A súa obra máis popular chegou en masa a Galicia, na súa versión audiovisual, en 1990, da man desta canle, a Galega, e marcou moitas xeracións. Aquí puideron ver a Son Goku falando galego, nas Bólas Máxicas.
Pero a creación de Toriyama foi máis, con outras obras como Doctor Slump.'Chrono Trigger' ou 'Blue Dragon', entre outros.