Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece aos 32 anos Pelayo Novo, ex-xogador do Lugo

Falece aos 32 anos Pelayo Novo, ex-xogador do Lugo

Foi atropelado por un tren que facía a liña Oviedo-Siero

G24.gal 28/02/2023 23:16

O ex-xogador do Club Deportivo Lugo Pelayo Novo (32 anos) faleceu ao ser atropelado po un tren que cubría a liña Oviedo-Siero. Pelayo xogou no equipo lucense na temporada 2014-15  e contribuíu con catro goles á permanencia do equipo entón dirixido por Quique Setién. 

Pelayo xogou en Segunda División seis temporadas e tivo que deixar o fútbol cando xogaba no Albacete por un accidente que sufriu nun hotel de concentración co seu equipo cando caeu dun terceiro andar. 

Desde entón tentou recuperarse das lesións medulares, xogaba ao tenis en cadeira de rodas e era embaixador da Fundación Real Oviedo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade