Cargando resultados...
Falece Jesús Alonso Fernández, o fundador de Jealsa
Falece Jesús Alonso Fernández, o fundador de Jealsa
Faleceu en Boiro aos 92 anos
Jesús Alonso creou Jealsa hai máis de 60 anos
G24.gal
27/05/2022 17:23
Última actualización 27/05/2022 18:06
Faleceu en Boiro, aos 92 anos, Jesús Alonso Fernández, fundador da conserveira Jealsa.
Unha das súas últimas aparicións públicas foi en 2019, na cea de Nadal coa que Alonso tradicionalmente agasallaba os seus empregados.
Jesús Alonso levantou da nada o imperio conserveiro que hoxe é Jealsa, cunha facturación que supera os 700 millóns de euros e con presenza en todo o mundo.
Pero onde Alonso empezou a súa traxectoria empresarial foi no sector téxtil, creando a fábrica de punto, Jealfer, e que aínda segue en pé.
Jesús Alonso foi ademais alcalde de Boiro co Partido Popular durante dúas lexislaturas.