Falece Maximino Viaño, o creador do selo Ternera Galega e un dos fundadores de Feiraco
Falece Maximino Viaño, o creador do selo Ternera Galega e un dos fundadores de Feiraco
Faleceu na madrugada deste mércores no Hospital de Conxo. Tiña 97 anos de idade
O Concello de Ames, do que era cronista oficial, decreta un día de loito
Maximino Viaño García, impulsor e socio fundador do selo Ternera Galega, faleceu na madrugada deste mércores no Hospital de Conxo. Tiña 97 anos de idade.
Viaño foi tamén o primeiro secretario e xerenre de Feiraco, ademais de cronista oficial do seu concello natal, Ames.
Histórico do cooperativismo agrario galego, fundou a cárnica Tega e presidiu a IXP Ternera Galega.
Viaño García comezou a traballar na explotación agraria dos seus pais, ata que formou a súa primeira granxa de gando selecto e creou a Cooperativa de Explotación Comunitaria de Terras e Gañados de San Cristóbal de Tapia, en 1966, e a Cooperativa Feiraco, da que foi socio fundador.
Así mesmo, foi concelleiro no concello do que era oriúndo e en 2001 publicou a obra 'Lembranzas e Unha vida no campo galego' e, en 2004, o libro 'Os muiños de Riamonte'.
O alcalde de Ames, Blas García, decretou un día de loito oficial, polo que as bandeiras ondearán a media asta desde as 12.00 horas deste mediodía ata o xoves á mesma hora.