Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o bispo máis lonxevo do mundo

Falece o bispo máis lonxevo do mundo

O ourensán Monseñor Eloy Tato Losada estivo nas catro sesións do Concilio Vaticano II

G24.gal 21/01/2022 14:25

Hoxe, entre os veciños de Viladequinta non se fala doutra cousa.

"Pobriño, xa estaba moi maliño.. pero xa estivo antes, operouse do corazón.. e mire, 98 anos", apunta unha veciña.

De feito, era o bispo máis lonxevo do mundo, dende que con só 36 anos se fixo cargo dunha diocese en Colombia.

"Era o único bispo que quedaba que participou nas catro sesións do Concilio Vaticano II". destaca o historiador Isidro García Tato.

Pero, por encima disto, din que era un home de carácter alegre e humilde e cun gran don de xentes, que lle serviu para saír airoso de situacións difíciles que viviu durante os anos que estivo no país andino.

"Logrou convencer os secuestradores por dúas ou tres veces.. era un home con moita educación, labrego... iso si, con capacidade de mando".

Unha capacidade que exerceu ata o último momento.

"Pediu que non enviaran adornos florais ao seu funeral e que os cartos foran para Cáritas. Ata niso foi fiel ás súas conviccións".

Por iso, no seu funeral non houbo flores, pero si unha mensaxe de despedida.

"Colombia, eternamente no teu corazón"

E tamén no dos veciños de Valdeorras, cos que compartiu os seus últimos anos de vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos