Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un galo espanta unha parella de cataláns dunha casa rural en Ourense

Un galo espanta unha parella de cataláns dunha casa rural en Ourense

Marcharon antes de tempo do lugar porque o canto do animal non os deixaba durmir

Imaxe de arquivo
G24.gal 30/08/2024 16:56

Reservaron 3 noites nunha casa rural en Ourense, pero resultou rural de máis para eles. O canto dun galo non deixaba durmir unha parella de turistas cataláns e marcharon antes de tempo.

"O que eu nunca imaxinei foi que lles puidese molestar un galo, porque no rural tes galos, vacas, galiñas, tractores..., todo o que ten que haber no rural", explica a propietaria da vivenda.

Recensión na páxina web da casa rural Recensión na páxina web da casa rural

Deixaron unha recensión na páxina web do establecemento en que explican a drástica decisión e advirten potenciais hóspedes. Os donos do negocio non dan creto, pero contraatacaron cun cartel que advirte dese tipo de situacións que se dan cando un visita o rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade