Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un camioneiro nunha saída de vía na A-6 en Lugo

Falece un camioneiro nunha saída de vía na A-6 en Lugo

A Garda Civil cre que a causa do accidente puido ser unha indisposición, porque os sanitarios atoparon o home inconsciente dentro da cabina

TVG TVG
G24.gal 20/09/2024 13:02

O condutor dun camión morreu nun accidente rexistrado na mañá deste venres na Autovía A-6, ao seu paso por Lugo.

O home circulaba cun tráiler de transporte de mercadorías cando saíu da vía e envorcou na mediana. O sinistro tivo lugar no quilómetro 499 da A-6 en San Salvador de Muxa, concello de Lugo, en dirección Madrid. Segundo informa o 112, arredor das 11:30 varias chamadas de particulares á Central de Emerxencias alertaron deste accidente.

O condutor quedou inconsciente dentro da cabina e a carga do camión quedou esparexida polo asfalto. Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago e tamén se trasladadon os bombeiros. Pero malia os intentos dos equipos sanitarios por reanimalo, finalmente morreu. Os axentes da Garda Civil cren que a causa do accidente puido ser unha indisposición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade