Falece un home en Oímbra atrapado por un tractor
Falece un home en Oímbra atrapado por un tractor
O sinistro produciuse no lugar de Rabal, onde a vítima conducía o vehículo, que envorcou
Un home faleceu este luns no concello ourensán de Oímbra atrapado tras envorcar o tractor que conducía e quedar atrapado baixo o vehículo agrícola.
Foi contra as once da mañá cando o servizo de emerxencias recibiu unha chamada que daba aviso deste accidente, ocorrido nas proximidades do campo de fútbol, do lugar de Rabal.
Na chamada pedíase medios de rescate, xa que o home estaba atrapado polo tractor. Segundo informa o 112 aínda que ata lugar se desprazaron equipos sanitarios, amais de unidades de bombeiros de Verín e da Garda Civil, nada se puido facer por el.
🔴 #AXEGAInforma do falecemento dun home tras envorcar o tractor que manexaba e quedar atrapado baixo o mesmo, no lugar de Rabal, en #Oímbra.
— 112Galicia (@112Galicia) November 1, 2021
Pese aos esforzos do persoal sanitario, nada puido facerse por salvarlle a vida. Interviñeron tamén: #BombeirosVerín e @guardiacivil. pic.twitter.com/s1YbUFJmcI