Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece unha anciá por unha explosión na súa vivenda en Redondela

Falece unha anciá por unha explosión na súa vivenda en Redondela

A explosión deixouse sentir a varios metros de distancia

Todo apunta a que foi unha deflagración de gas butano

G24.gal 14/12/2022 14:21

O estrondo sacou os veciños da casa na parroquia redondelá de Cesantes. Viron o lume na casa da súa veciña e correron auxiliala. A octoxenaria foi trasladada moi grave directamente á unidade de coidados intensivos do hospital onde faleceu este mércores.

A explosión deixouse sentir a varios metros de distancia. Rebentou fiestras, tabiques e portas. Todo apunta a que foi unha deflagración de gas butano. Unha veciña tamén tivo que ser atendida ao cravar varios cristais nos pés.

A Policía Científica acudiu á vivenda para revisar as instalacións e comprobar que causou a explosión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade