Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece na rexión do Donbás a cooperante española Emma Igual

Falece na rexión do Donbás a cooperante española Emma Igual

Un mísil ruso impactou no coche no que viaxaba canda outros cooperantes

Tamén faleceu un compañeiro canadense que conducía o vehículo

É a primeira vítima mortal española na guerra de Ucraína

Imaxe de Emma Igual no Donbás
G24.gal 10/09/2023 11:11 Última actualización 10/09/2023 19:08

Emma Igual, de 32 anos e natural de Barcelona, é a primeira cooperante española que morre dende que comezou a invasión de Ucraína. Estaba traballando na zona do Donbás facendo evacuacións coa súa propia ONG, Road to Relief, fundada no mes de marzo de 2022.

O ataque no que perdeu a vida ocorreu este sábado pola mañá cando se dirixía en coche a Bakhmut dende Sloviansk, onde teñen a base. Viaxaba con outros tres cooperantes cando un mísil ruso bateu contra o vehículo. O condutor, de nacionalidade canadense, tamén perdeu a vida.

O ministro español de Asuntos Exteriores confirmou este domingo en Nova Delhi o falecemento de Emma Igual. José Manuel Albares dixo que "teñen confirmación verbal do falecemento, pero falta a oficial das autoridades ucraínas". Esta sería a primeira vítima mortal española no conflito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade