Falecen 33 persoas pola choiva que arrasou Pequín
Falecen 33 persoas pola choiva que arrasou Pequín
Afectaron máis dun millón de persoas e provocaron a derruba de 59.000 vivendas
A choiva torrencial que arrasou o norte da China a semana pasada deixaron un total de 33 falecidos en Pequín, mentres que 18 persoas seguen desaparecidas, segundo o último reconto de vítimas ofrecido hoxe a prensa local.
Os efectos do tifón Doksuri provocaron que Pequín e o norte do país sufriran a choiva máis intensa en máis dunha década, causando tamén danos en infraestruturas, evacuacións de residentes e interrupcións dos servizos públicos e a subministración de alimentos nalgunhas zonas.
A choiva en Pequín afectou máis dun millón de persoas e provocaron a derruba de 59.000 vivendas, mentres que outras 147.000 quedaron gravemente danadas, recolle este mércores o xornal Beijing Daily.
A choiva torrencial provocou esvaramentos de terra e o desbordamento de varios ríos que arrasaron estradas, vehículos e vivendas.
Nos últimos días, as autoridades intensificaron os traballos de recuperación tanto en Pequín como na veciña provincia de Hebei, onde cidades como Zhuozhou quedaron practicamente desconectadas do exterior tras as intensas precipitacións desatadas por Doksuri.
Situada nunha rexión rodeada de sistemas fluviais, Zhuozhou viuse afectada pola converxencia de seis ríos, desencadeando inundacións repentinas que illaron a comunidade durante varios días.
A prensa estatal insiste en que se están facendo "todos os esforzos" para "axudar a restablecer a normalidade canto antes" nas zonas afectadas, e informa de que o Goberno enviou material e persoal para axudar aos evacuados, ademais de equipos para reparar as estradas, restablecer a subministración eléctrica, drenar a auga e limpar o lodo tras as inundacións.
O Goberno central destinou 60 millóns de euros para axudar ás rexións afectadas polas choivas, ao que hai que sumar outros 90 para apoiar a recuperación da produción agrícola.
En 2021 e 2022, os veráns xa estiveran marcados por unhas precipitacións dunha intensidade inédita en décadas no centro do país, con máis de 300 mortos, e por unha persistente seca en zonas máis ao sur.