Cargando resultados...
Estefanía Descalzo viaxa co Guardés a Francia para a eliminatoria europea
Estefanía Descalzo viaxa co Guardés a Francia para a eliminatoria europea
G24.gal
12/11/2021 14:17
E o Mecalia Guardés vai a Francia. Xoga mañá en Besançon. Ida da súa segunda eliminatoria na Liga Europea EHF.
Neste partido estará a valenciá Estefanía Descalzo, que non xogou co Hypo austríaco polo que están a ver. Porque mestura a sua profesión de enfermeira nun centro de saúde co balonmán.
Fani non puido xogar na anterior eliminatoria en Austria
Daquel equipo do Guardés que celebraba a vitoria en Austria na anterior eliminatoria europea faltaba Fani Descalzo, unha enfermeira que vacina estes días contra a gripe e a covid, nada que ver con aqueles dramáticos meses da pandemia cando aparcou o balonmán e estivo nun hospital en Valencia.
É a realidade do deporte non profesional. Traballar e xogar.
Tentar a sorpresa nunha eliminatoria difícil pero que se vai decidir a vindeira semana na Sangriña.