Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fármacos e alimentos, coidado coas combinacións

Fármacos e alimentos, coidado coas combinacións

As farmacias alertarán os pacientes das interaccións entre alimentos e medicamentos

G24.gal 02/04/2024 14:49

O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña pon en marcha unha campaña informativa nas máis de 500 farmacias que hai repartidas por toda a provincia. Queren que cando un paciente saia dela coa súa medicación teña moi claro como tomala ao longo do día, e sobre todo que alimentos debe evitar, ou que tempo ten que esperar antes de consumilo para que non perda eficacia. 

Baixo o lema "A túa medicación. Un ingrediente a ter en conta na alimentación" os farmacéuticos van explicar as diferentes combinacións que poden restar eficacia a tratamentos como poden ser os anticoagulantes, os antibióticos ou fármacos tan habituais como o paracetamol e o ibuprofeno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos