Cargando resultados...
Fátima Abal renuncia á alcaldía de Cambados por motivos de saúde
O novo alcalde será previsiblemente Samuel Lago

G24.gal
07/01/2022 18:06
A alcaldesa de Cambados deixa o cargo por motivos de saúde. Fátima Abal ten previsto presentar mañá oficialmente a súa dimisión, aínda que manterá a acta de concelleira.
O novo alcalde será previsiblemente o concelleiro socialista Samuel Lago, que espera contar co apoio dos dous edís de Somos Cambados e do BNG.