Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo e Casado xantan xuntos no aniversario da crise interna do PP

Feijóo e Casado xantan xuntos no aniversario da crise interna do PP

Dende o equipo de Feijóo aseguran que ambos tiñan pendente este encontro, que enmarcan na normalidade da súa relación

G24.gal 22/02/2023 18:21

 O actual líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, e o seu predecesor, Pablo Casado, comeron xuntos este mércores en Madrid, nun encontro que estaba pendente e que coincide co aniversario da crise que provocou a saída de Casado do liderado.

Fontes do equipo de Feijóo confirmaron esta comida, que adiantou El País, e lembraron que ambos tiñan pendente este encontro, que enmarcan na normalidade da súa relación e non na efeméride do adeus de Casado.

Na madrugada do 23 ao 24 de febreiro de 2022 Casado pactou cos baróns do PP a súa marcha nun congreso extraordinario en abril, onde Feijóo, un candidato de consenso no partido, foi elixido para relevalo.

A saída de Casado puxo punto final a unha crise sen precedentes, provocada pola guerra aberta entre o líder do PP e a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, polo poder en Madrid, que derivou en acusacións cruzadas de espionaxe e corrupción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade