Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo acusa a Sánchez de "cinismo" e ínstao a asinar ante notario que non pactará con Bildu

Feijóo acusa a Sánchez de "cinismo" e ínstao a asinar ante notario que non pactará con Bildu

O ministro de Transportes, Óscar Puente, declárase "decepcionado" con Bildu, pero defende os pactos cos abertzales no Congreso

G24.gal 17/04/2024 14:57

A negativa do candidato de EH Bildu a cualificar a ETA como banda terrorista segue levantando reaccións. Para Óscar Puente, ministro de Transportes, "é unha decepción" e non entende "canto tempo máis necesitarán para dar os pasos que fan falta". Na súa opinión, "está claro que non chegaron ao punto de madurez democrática no que algúns criamos que se atopaban".

Por iso, di o PSOE, EH Bildu non pode ser un socio de goberno, pero si "para subir o SMI ou para subir as pensións".

Pola súa banda, o líder do PP pediulle a Pedro Sánchez que non sexa "cínico". Alberto Núñez Feijóo insta o PSOE a que "rompa hoxe as coalicións de goberno, no Goberno central, en Navarra e en Pamplona con Bildu". 

"Agardámolo en calquera notario nos próximos días para comprometer que non volveremos pactar con Bildu en ningunha institución", engadiu o presidente do PP.

Críticas a EH Bildu tamén dende o PNV, por non condenar a ETA. O seu candidato a lehendakari, Imanol Pradales, foi atacado este martes por un home que lle regou os ollos con gas pementa. O agresor, de 49 anos, quedou en liberdade provisional tras pasar polos xulgados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade