Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo di que Sánchez "preferiu fuxir cara a adiante que dimitir"

Feijóo di que Sánchez "preferiu fuxir cara a adiante que dimitir"

Rueda critica a "teatralización" de Sánchez que cre que "non lle fixo ningún favor ao país"

Abascal di que o PSOE ameaza disidentes e que Sánchez "reafirma o seu golpe"

Alberto Núñez Feijóo este luns na sede do Partido Popular (EFE/JJ Guillén)
G24.gal 29/04/2024 14:15 Última actualización 29/04/2024 15:03

O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, acusou a Pedro Sánchez de tomar o pelo aos españois ao anunciar que continúa como presidente do Goberno tras cinco días de reflexión e denunciou: "Preferiu fuxir cara adiante que dimitir".

O xefe da oposición compareceu ante os medios na sede do seu partido, tras comunicar Sánchez a súa continuidade e advertiu ao xefe do Executivo que "o seu proxecto acabouse e pode prolongar a agonía e a decadencia, pero non será máis que iso: agonía e decadencia"

Núñez Feijóo acusou a Sánchez, de querer "coar un cambio de réxime por detrás" e mesmo "usar" o rei no seu "teatro". "Chegou a usar a súa maxestade o rei como actor secundario na súa última película", denunciou.

Ademais, denunciou que siga sen dar explicacións aos españois desde fai "tres meses" sobre o chamado caso Koldo e as informacións que afectan a súa contorna, algo que, ve "impropio nun país democrático".  

O xefe da oposición afirmou que Sánchez "preferiu fuxir cara a adiante" antes que dimitir cando podería asumir as súas responsabilidades, dicindo "a verdade" aos españois. Non obstante, descartou unha moción de censura.

"Non lle vou presentar unha moción de censura nestes momentos porque comprou o apoio dos seus socios coa dignidade de todos os españois", manifestou, para engadir que "se Sánchez tiña complicado lograr a calor da rúa antes de hoxe, máis complicado" ten "a mobilización social" á que Sánchez apela para "continuar no poder".  

Segundo Feijóo, España "necesita un tempo novo, e non pode xa atopalo en quen é o pasado". "O que necesita España é un novo goberno democrático, cun presidente que estea á súa altura, e non o cambio de réxime que pretende coar por detrás de toda esta obra de teatro", salientou.

Desde Madrid, Isabel Díaz Ayuso di que o presidente do Goberno aproveitou os cinco días de reflexión para criticar os xuíces, a prensa e os partidos políticos, e considera vergoñento que apele á dignidade da política.

Di que queda claro o papel que para o presidente teñen os xuíces  concluíndo que só el sabe o que é digno e xusto. "Son case unha broma as súas declaracións. El só pretende o poder sen control".

Desde Cataluña, o candidato do PP á presidencia da Generalitat, Alejandro Fernández ironiza a través das redes sociais, sobre a decisión. Di que queda claro o papel que para o presidente teñen os xuíces concluíndo que só el sabe o que é digno e xusto.

Abascal di que Sánchez "reafirma o seu golpe contra a convivencia"

O líder de Vox, Santiago Abascal, tamén falou de "fuxida cara a adiante" valorando a decisión do presidente, Pedro Sánchez, de continuar á fronte do Executivo. "Reafirma o seu golpe contra a convivencia, o Estado de Dereito, a separación de poderes e a liberdade de prensa", á vez que augurou que "o peor está por chegar".

Así se expresou Abascal nunha breve declaración sen preguntas desde a sede nacional de Vox, onde reprochou ao xefe do Goberno que estes cinco días de meditación sobre a súa continuidade foron "un teatro basto, indignante e vitimista" que sumiu a España "nun bochorno internacional de dimensións e consecuencias absolutamente incalculables". 

Ao mesmo tempo emprazou o Partido Popular a "romper toda negociación co PSOE", en referencia á renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial ou da alianza europea entre socialdemócratas e conservadores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade